Arquivo do blog

Os Celtas na Penínsua Ibérica

Hoxe aparece probado pol-a entrepretación dos testos antigos, pol-a estensión dos nomes céltigos, e máis pol-a das necrópoles con civilización netamente celta (tipos de Hallstatt e La Téne I) que a nósa raza chegou a ocupar un tempo a mor parte da Penínsua: toda a banda occidental (Galizia e Portugal) e máis a Meseta Central, y-esta domeñación durou dend’o século VII hastr’ó III enantes de Xesús Cristo.

Vicente Risco

Advertisements
Etiquetado con: , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco

A civilización dos antigos Celtas

Coma todol-os antigos, eran crueles na guerra, e tiñan o costume de conservalas cabezas dos nemigos mortos. Combatían a pé a cabalo y-en carros de guerra, e levaban ás veces á guerra ás mulleres.

As mulleres eran moi respeitadas, e moitas veces tomábanas coma árbitros nas custiós graves. As mulleres reinaban e desempeñaban as maxistraturas.

Vicente Risco

Etiquetado con: , , , , , , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco

A sinificación do celtismo (Galizia céltiga)

Ora, os Celtas son pobos de raza e lingoa indoeuropeas, estabrecidos no Centro y-Oeste da Europa, na que propagaron, na Angigüidade, as civilizaciós de Hallstatf, e de la Téne, eda Edá Media, o esprito cabaleiresco. Os estoriadores e xeógrafos gregos e romanos, siñalanos cos nomes de Celtas, Galos e Galates, e c’outros nomes que desiñan as deferentes naciós, como Belgas, Britanos, Galaicos, etc.

Vicente Risco

Etiquetado con: , , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco

Unha carta de Leonardo Coimbra a Vicente Risco

E, por despedida, o meu pensamento cinga as terras do meu amor com a terra galega e as vossas almas e aquí fica vivendo, ia a dizer, na Saudade do Reencontro.

Leonardo Coimbra

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Leonardo Coimbra, Nós, Vicente Risco

Concrusiós aprobadas en Santiago

Só ha ter resolución cando sexamos donos d’unha persoalidade propia basada no trunfo d’unha propia cultura, que nos independice das culturas alleas, xa que contamos c’unha tradición, c’unha raza e c’unha terra de características especiaes, diferenciada das mais do mundo, na qu’a lingoa é o froito natural por escelenza. Entramentras non cheguemos a ese xeito de suprema libertade, no que nós dispoñamos dos nosos destinos, con arregro ás nosas comenencias, nún libre desenrolo de todal-as nosas posibilidades raciaes, capaces de crearen unha civilización atlántica, o nazonalismo galego non terá abranguido o seu fin nobre, grorioso e santo, beneficioso pr’a Humanidade.

Etiquetado con: , , , ,
Publicado en Irmandades da Fala, Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

O programa de Lugo

Os persoeiros das Irmandades da Fala, axuntados en Lugo os días 17 e 18 do mes de San Martiño de 1918, aprobaron as siguentes concrusiós…

Etiquetado con: , , , ,
Publicado en Irmandades da Fala, Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

As Irmandades da Fala

As Irmandades fan esposiciós d’arte, cursos de conferencias, veladas teatraes, concursos literarios e contíficos; imprentan obras d’autos galegos; pubrican un boletín decenal: A Nosa Terra; figuran en pirmeira liña en todal-as campañas anticaciquís, sosteñendo sempre os intreses dos labregos, dos mariñeiros e dos traballadores; axudan a tod’o que se queira facer en ben de Galicia; fan propaganda púbrica en mitis e reuniós; loitan nas eleiciós independemente de todol-os partidos, e por fin, celebran cada ano unha Asambreia xeneral, na pirmeira das que , quedou fixad’o programa do Nacionalismo galego.

Vicente Risco

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco