Arquivo do blog

Vigo: a cibdade

Un pobo próspero e rico sin persoalidade, sin valores culturás, desentendido da vida ideial, é com’unha muller fermosa, mais… sin corazón. Eso é o que percisa Vigo; creare a súa persoalidade como poboazón galega, forxar a súa vida espritual. Como a Cruña, por exempro, necesita algo d’aquela actividade e d’aquela disposición vountaria pra o mundo dos negocios. E os qu’ademiramos Vigo e n-il óllamos a gran cibdade do porvir, a gran urbe da futura civilización atlántica, quixéramos óllare tamén, á veira do seu frorecemento económico, o frorecemento do seu esprito e o callamento da sua cultura.

Roberto Blanco Torres

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Nós, Roberto Blanco Torres