Arquivo do blog

Nacionalismo e democracia

Nada valen homen cultos en Galizia sin unha cultura galega, porque o home non é escravo da sua raza, nin da sua língua, nin da relixión, nin do curso dos ríos, nin da orientación das suas montanas; pero en troques é un factor encravado drento d’un ambente, drento d’unha espritualidade, é dicir, drento d’unha cultura; é un factor que adiquiren unha natureza común cos seus conterráneos, pol-a comunidade de pensamentos e de sentimentos; e si lle falta isa comunidade, sinon sinte isa y-alma coleitiva, resultancia d’unha cultura propia, nada lle dirán nin os seus rios nin as suas montanas, non a sua lingua nin a sua Historia; será un estranxeiro en terra propia; será como aquel desterrado de Lamenais, que andaba errante sobor da terra, e un dia vía rapazas guapas coma un sol de Maio que brindaban o seu amor casto e puro a rapaces fortes coma buxos, outro día vía coma os nenos e os abós se xuntaban peito contra peito para axudarse a sair dos trollos do camiño, e outro día vía o fumegar das chimeneas entre as brétemas arrayoladas d’unha mañán d’Abril, ou ouvía na serán os cantos das labregas levando pr’á casa-mater as suas facendas; pero nin aquelas rapazas o miraban, nin aqueles cantos lle traguían ningún relembro, nin aquelas xentes entendían as suas penas; e cando na veira do camiño, canso de camiñar sin fin, desafogaba a sua tristura, nenos e vellos bulrábanse das suas bágoas. Eisí serán tamén aqueles homes que non esteñan solidarizados c’o pensamento e c’o sentimento da sua Terra; o seu esforzo agonizará na esterilidade tráxica do d’auqel desterrado, morto sin acougo en procuro d’unha Patria.

Advertisements
Etiquetado con: , , ,
Publicado en Nós

Rexionalismo e Nacionalismo

Y-esí é. O rexionalismo non pide mais qu’e autonomía adeministrativa mais ou menos restricta, o direito a nos gobernar por nós mesmos con mais ou menos amplitude. Quere conquerir pra Galicia –ou pr’o país que sexa– a persoalidade na orde na adeministración. Porque, xiquera precise sempre unha base xeográfica real, o concepto de rexión non pase de seré un puro concepto xurídico. A fin de contas, unha rexión non é nada fora da vida interior do Estado qu’a colle dentro do seu orbe políteco. Vicente Risco.

Etiquetado con: , , , , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

Galegismo e Nacionalismo

Emprégase a verba nacionalismo pra desiñal-o corpo de doutrinas que informan todo movimento de reivindicación da persoalidade dos grupos naturaes por frente da sorbencia dos Estados históricos. N-este mesmo senso empregámola nós. Nacionalismo galego quer decir pol-o tanto, a doutrina que informa o movimento de reivindicación da persoalidade de Galicia frente da sorbencia do centralismo español.

Etiquetado con: , , , , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco