Arquivo do blog

As poboaciós pre-céltigas da Galizia (Galizia céltiga)

A fantesía dos iberistas débese deter diante dos datos positivos da estoria, da arqueoloxía e do folk-lore, os que, todos a unha concurren a nos presentaren unha Galizia cétiga sen máis mistura d’iberismo, ó menos n-aquil tempo, da que poideran sinifical-as relaciós comerciás que nos trouxeran tal vaso pintado ou tal barro saguntino.

En xunto: parece probada en Galizia a poboación ligur. Non sabemos ben o que nós, o que os Celtas todos deberemos ós ligures. Os Kumria, celtas eran. Pro, nin Iberos, nin Vascos (o menos os Vascos de Don Celso); con Verea y-Aguiar, con Saralegui, con Murguía, repetimos: Galizia é toda céltiga, toda nórdica, toda europeia.

Vicente Risco.

Advertisements
Etiquetado con: , , , , , , , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco