Arquivo do blog

Nacionalismo e democracia

Nada valen homen cultos en Galizia sin unha cultura galega, porque o home non é escravo da sua raza, nin da sua língua, nin da relixión, nin do curso dos ríos, nin da orientación das suas montanas; pero en troques é un factor encravado drento d’un ambente, drento d’unha espritualidade, é dicir, drento d’unha cultura; é un factor que adiquiren unha natureza común cos seus conterráneos, pol-a comunidade de pensamentos e de sentimentos; e si lle falta isa comunidade, sinon sinte isa y-alma coleitiva, resultancia d’unha cultura propia, nada lle dirán nin os seus rios nin as suas montanas, non a sua lingua nin a sua Historia; será un estranxeiro en terra propia; será como aquel desterrado de Lamenais, que andaba errante sobor da terra, e un dia vía rapazas guapas coma un sol de Maio que brindaban o seu amor casto e puro a rapaces fortes coma buxos, outro día vía coma os nenos e os abós se xuntaban peito contra peito para axudarse a sair dos trollos do camiño, e outro día vía o fumegar das chimeneas entre as brétemas arrayoladas d’unha mañán d’Abril, ou ouvía na serán os cantos das labregas levando pr’á casa-mater as suas facendas; pero nin aquelas rapazas o miraban, nin aqueles cantos lle traguían ningún relembro, nin aquelas xentes entendían as suas penas; e cando na veira do camiño, canso de camiñar sin fin, desafogaba a sua tristura, nenos e vellos bulrábanse das suas bágoas. Eisí serán tamén aqueles homes que non esteñan solidarizados c’o pensamento e c’o sentimento da sua Terra; o seu esforzo agonizará na esterilidade tráxica do d’auqel desterrado, morto sin acougo en procuro d’unha Patria.

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Nós