Coidado cos bicos

Pidiulle un bico o noivo a Rosalía, Mais ista non ll’o deu; Y-aquil amante, que d’amor morría, De gran pesar morreu. Unha proba pedía o coitadiño De que o quería ben; Y-a coitada por il tiña cariño, Y-era casta tamén.

Etiquetado con:
Publicado en Amador Villar, Nós

Pensamentos pra unha universidade galega

Compostela, vello niño bretemoso de poetas e cantores, pode ainda se nós sabemos facelo, ser o santuario da alma galega.

Johan Viqueira

Etiquetado con: , , , , ,
Publicado en Johan Viqueira, Nós

O carballo

El está sóo na gándara; está sóo o carballo baril, serio e altivo, ergueito n-aquel chan triste i-esquivo cal se quixer ao ceu sobir n-un vóo. Despido do follax, garda o seu dóo no seréo abandón inespresivo dos héroes derrotados.

Etiquetado con: ,
Publicado en Gonzalo López Abente, Nós

No facho

Ollo aos meus pes a terra apoubigada i-envolvida na túnica lixeira dos velos trasparentes da neboeira que trota pol-o ár arrandeada. Perto do chan, o sol de retirada manda ao mundo a rayola derradeira, i-aparesce tremando a luz primeira d’unha

Etiquetado con: ,
Publicado en Gonzalo López Abente, Nós

Informaciós estóricas tocantes ós Celtas (Galizia céltiga)

De que parte viñeron os Celtas? Pasou o tempo en que se creía n-orixe asiática dos indoeuropeus. A hipótese de Pictet, no seu Origines inddoeurepeus, qu’os faguía vir da Asia Central, da meseta do Pamir ou do Turán, ou d’onde’o Hindukush, está rectuficada por compreto. Viuse qu’hai máis pobos aryas na Europa qu’en Asia, y-agás d’esto, condiciós especiais de clima que compren pr’a formación d’unha raza loira, efeito do linfatismo, din os antropólogos que se non dan nas estpas trascaspianas. Tiña que ser nun médeo húmedo, escuro, con brétema case constante. Por esto, por razós xeolóxicas y-estóricas, suponse hoxe que os indoeuropeus proceden das bandas do mar Báltico, d’unha terra hoxe solagada pol-as augas, a rexión chamada de Latham, en lembranza d’iste gran investigador dos orixes aryas (6). Os celtas son pol-o tanto de orixe europeia.

Vicente Risco

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco

O lugar está illado das xentes de ben

Dend’aquela todas foron desgracias. Morrian
as xugadas, merábanse os froitos da terra, mo-
rrían estangarañados os rapaces, secábanse as
fontes… Pra escorrental-o mal fado ergueron cru-
ceiros aeilo. No remate sóupose todo e ainda oxe
o lugar está illado das xentes de ben

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Etiquetado con: ,
Publicado en Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Nós

As poboaciós pre-céltigas da Galizia (Galizia céltiga)

A fantesía dos iberistas débese deter diante dos datos positivos da estoria, da arqueoloxía e do folk-lore, os que, todos a unha concurren a nos presentaren unha Galizia cétiga sen máis mistura d’iberismo, ó menos n-aquil tempo, da que poideran sinifical-as relaciós comerciás que nos trouxeran tal vaso pintado ou tal barro saguntino.

En xunto: parece probada en Galizia a poboación ligur. Non sabemos ben o que nós, o que os Celtas todos deberemos ós ligures. Os Kumria, celtas eran. Pro, nin Iberos, nin Vascos (o menos os Vascos de Don Celso); con Verea y-Aguiar, con Saralegui, con Murguía, repetimos: Galizia é toda céltiga, toda nórdica, toda europeia.

Vicente Risco.

Etiquetado con: , , , , , , , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco