Arquivo do blog

Concrusiós aprobadas en Santiago

Só ha ter resolución cando sexamos donos d’unha persoalidade propia basada no trunfo d’unha propia cultura, que nos independice das culturas alleas, xa que contamos c’unha tradición, c’unha raza e c’unha terra de características especiaes, diferenciada das mais do mundo, na qu’a lingoa é o froito natural por escelenza. Entramentras non cheguemos a ese xeito de suprema libertade, no que nós dispoñamos dos nosos destinos, con arregro ás nosas comenencias, nún libre desenrolo de todal-as nosas posibilidades raciaes, capaces de crearen unha civilización atlántica, o nazonalismo galego non terá abranguido o seu fin nobre, grorioso e santo, beneficioso pr’a Humanidade.

Advertisements
Etiquetado con: , , , ,
Publicado en Irmandades da Fala, Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

O programa de Lugo

Os persoeiros das Irmandades da Fala, axuntados en Lugo os días 17 e 18 do mes de San Martiño de 1918, aprobaron as siguentes concrusiós…

Etiquetado con: , , , ,
Publicado en Irmandades da Fala, Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

As Irmandades da Fala

As Irmandades fan esposiciós d’arte, cursos de conferencias, veladas teatraes, concursos literarios e contíficos; imprentan obras d’autos galegos; pubrican un boletín decenal: A Nosa Terra; figuran en pirmeira liña en todal-as campañas anticaciquís, sosteñendo sempre os intreses dos labregos, dos mariñeiros e dos traballadores; axudan a tod’o que se queira facer en ben de Galicia; fan propaganda púbrica en mitis e reuniós; loitan nas eleiciós independemente de todol-os partidos, e por fin, celebran cada ano unha Asambreia xeneral, na pirmeira das que , quedou fixad’o programa do Nacionalismo galego.

Vicente Risco

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

O símbolo da Atlántida

O afundimento da Atlántida pode non ter que ver coa nosa orixe, mail-o seu rexurdimento siñala unha finalidade ó noso porvir. Temos que restaural-a Atlántida en esprito y-en verdade, ou sexa en civilización.

Pra eso imos nós, os nacionalistas galegos, apurar todl-as posibilidades da terra e da raza, y-adonarnos aixiña do presente, hastra que podamos chamar ó Atlántico ‘mare nostrum’…

Vicente Risco

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

Tres civilizaciós

Ora esto dá unha sinificación universal ó galeguismo, esto dá unha meirande rialidade histórica á nosa eisistencia nacional. A misión histórica de Galicia e Portugal é d’opoñer ó mediterraneismo, o atlantismo, fórmula da Era futura. Tras de nós, Hespaña interira até ahora infestada de mediterraneismo, co seu século d’oura, co seu conceptismo especioso, cosa su faramallosa retórica, co seu énfasis grandilocuente, incorporarase toda ela á civilización atlántica.

Vicente Risco

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

As naciós célticas

D’esas sete nación, Galicia é a mais esquecida –na apariencia pol-o menos– das tradiciós célticas. En troques, ven a sere o nexo mais forte do celtismo coa vella civilización. O noso pobo terá d’iste xeito, un maor poder de síntese e de depuración do que s’haxa de conservar do europeismo que morre. Porque non había de ser Galicia o centro da nova cilización, porque non había d’estar na nosa terra o omphalón da terra toda? A espansión emigratoria de Galicia e Portugal en América no nos da direito a pensalo?

Vicente Risc

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco

O atlantismo

A civilización atlántica ha ser, pol-o tanto, outra cousa do qu’a civilización mediterránea. Ó mediterraneismo hemos opoñer un atlantismo. Eisaminemos o qu’esto poder ser, ven en que senso ha ser esa superación. Dicen algús qu’o pobo yankee xa emprincipiou a superación de europeismo, e persentan pra sosteñel-a tése, o mesmo os libros de William James qu’as ‘Americam films’. Van trabucados. A dinámica yankee, no que non sexa cousa de temperamento, está fondamente influida pol-as doutrinas orientaes. O que se chama yoga dos americanos é simplesmente o yoga indio de Patanjali levado ós Estados Unidos por mestres indstanís como Vivekananda, como Dayanand Sarasvati, que tanto éisito tiveron no Congredo das Relixiós de Chicago en 1895. As coñecidas obras d’Orisson Swett Marden non son mais qu’a vulgarización d’algús métodos indios d’entrenamento da vontada. Y-aparte d’esto e mais do pragmatismo qu’é inglés y-alemán (perice, Schiller, etc.), que produxeron os Estado Unidos? É outra cousa a qu’hai que agardar pos pobos atlánticos; non é unha superación do presente, senon a creación do futuro.

Vicente Risco

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Teoría do nacionalismo galego, Vicente Risco