Arquivo do blog

Políteca social

A Nazión gallega debe reter n-os agros unha poboanza tan aguixada como sexa posibre y-antel-a agricultura, o comercio y-a industria, a pesar de que os liberales, aquivocados ou empulados pol-os seus intreses económicos, apóndose ideas progresivas ou sentementos patrióticos, queren trocar, sin decatarse, o réximen d’o modesto benestar, d’a cooperanza e d’a simpatía, que reina baixo un ŕeximen agrícola acadado, pol-a loita, pol-a eisistenza y-o espirto frío e calculador d’a burguesía, que resulta d’un realismo sin idealidade coma o que crea o ‘asesorismo técnico’, fomentando preferentemente n-a nosa terra o industrialismo.

Arturo Noguerol Buján

Advertisements
Etiquetado con: , ,
Publicado en Arturo Noguerol Buján, Nós

O problema do traballo en Galicia

Si os gobernos y-os partidos polítecos houberan tido un ideal social, si ollaran de cara o porvir respecto do probrema obreiro, si ainda que non aniñasen n-a sua y-alma sentementos de caridade e xusticia, tiveran esprito conservador e zorrería políteca, en
lugar de seguil-a políteca alemana dos tempos da represión do socialismo (valéndose dos
comisionistas en tranquilidá púbrica pra que desorientasen ós traballadores, os traicionaran y-os levaran un terreo onde os gobernos puderan facer uso das bayonetas)
houbéranse adiantado ós tempos preved’os acontecementos con reformas de carácter social y-houberan levado ás leis os precipios sanos qu’andan esparexidos pol-as obras
d’os escritores socialistas e non socialista qu’ estudiaron o problema, non se chegaría ó estado d’impotencia e descreto en que s’alcontra o Poder púbrico: non coñezo outro medio xeitoso pra evital-o nacemento dún ser que facer innecesario a sua existencia. Arturo Noguerol Buján

Etiquetado con: , , , , , ,
Publicado en Arturo Noguerol Buján