Lembranza – Elexía do bon irlandés

A tempestade brúa encol da illa verde. As árvores mais outivas, as mais lanzaes andan a caeren apouvigadas pol-o furacán. Da terra veciña, da illa soberba e borreante –estaño e carbón– saien, cal d’um Olimpo n-ela afincado, labaradas súpetas qu’en sí levan a morte. E un tras outro, os escolleitos, os esgrevios, son deitados por un sopro que, enxoitando, mata.

Chan doado pr’ó medrare xúrdio das prantas escolleitas. Unha soma malfadada impide aquil medrare. E da soma veñen os ventos traizoeiros qu’enxoitan, trocando o xurdio en serodio, faguendo do chan doado, chan de morte e de ruiñas.

E a illa verde –nova nao d’ilusións buscadora d’outro vellocino superiore ó da ténda dourada– sinte que nos seus cimentos xermola algo que tende a sere quilla, e que nas suas veiradas xurden como longos remos. ¡A illa necesita navegare seguire a ruta dourada qu’os bardos lle trazaron! ¡Sinte que, pra vivire a sua vida, percisa arredárese da soma, esolagándose n-un oceano de brétemas peneiradoras da dirente luz solar! ¡Oh a ruta que leva en dereitura ó tempro, á vida!

Erin enteira anda a chorare o aburamento murchador das suas prantas mais vizosas. Mail-o murmurio non é de tristura e pena. E d’agradescimento. Erín, reconescida, ergue os ollos merescedores da gabanza homérica e salaia oraciós de gratitude.

O murmurio da terra verde rube até o mais outo. O bon Deus acólleo, paternal, como incenso d’oferenda. Os escolleitos, os lanzaes acougan á destra do Eterno. Eran froles macias, delicadas, prantas merescedoras do xardín paradisiaco, e Deus, omniscente, recolleunos pra gala e adobío dos seus agros d’eternal primaveira.

E por iso Erín –a terra escolleita dos santos e dos heróis –sen tristuras, con serenidá, dí ateigada de gratitude: ‘Eles eran prantas escolleitas e pra que se non murcharan, podendo vivire n-eternidade de séculos, Vós, Siñore, puxéchelos ó acochamento da tempestade…’

Ramón Vilar Ponte.
Nós. 06 20 Agosto, 1921.

Advertisements
Etiquetado con: , , , ,
Publicado en Nós, Ramón Vilar Ponte

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: