Os Celtas na Penínsua Ibérica

Hoxe aparece probado pol-a entrepretación dos testos antigos, pol-a estensión dos nomes céltigos, e máis pol-a das necrópoles con civilización netamente celta (tipos de Hallstatt e La Téne I) que a nósa raza chegou a ocupar un tempo a mor parte da Penínsua: toda a banda occidental (Galizia e Portugal) e máis a Meseta Central, y-esta domeñación durou dend’o século VII hastr’ó III enantes de Xesús Cristo.

A pirmeira época, ou sexa a da sua chegada, discútese moito. Suponse que foi posterior á dos fenicios, y-hastra fai pouco tempo, pouco menos que conviñan todol-os autores en poñela no século IV enantes de X.C. O argumento principal pra poñela tan baixa, é que o Peripio de Himileon, do século VII, reproducido no poema Ora maritima de Rufo Festo Avieno (1) non fala de Celtas na Penínsua. Así pensan D’Arbois de Jubainville, Garófalo (anque oserva que o Períplo de Himilcon refírese ás costas, e que podía haber Celtas no interior, e que cecais s’ocultan elementos céltigos baixo dos nomes de cempsi, suefes, gietes e celsianos), o P. Fita e caxeque todol-os estoriadores hespañois.

Mais compre termos en conta que no século V, Herodoto, o máis antigo testemolo da presencia dos Celtas na costa atlántica, chama á Penínsua, Kéltike. Hastra d’agora se non faguía aprecio d’iste testemoio, fundándose en que Herodoto estaba tan mal informado, que puña as fontes do Ister (Danubio) no estremo Oucidente da Europa, decindo qu’os Celtas co’a sua vila de Pyrene (Pirineus?) estaban ond’iste río. Mais hoxe, nóvas investigaciós veñen a confirmal-o testemoio de Herodoto, y-este volve a ser tomado en conta.

Esto fai qu’os investigadores modernos teñan a tendencia de dar pr’á chegada dos Celtas á Penínsua, datas moito máis recuadas qu’a do século IV en X.C. Unha das meirandes autoridás en Protoestoría da Penínsua Ibérica, o francés Louis Siret, dí que foron os Celtas os que trouxeron a Iberia o traballo dos metais. Efectivamente, nótase na Penínsua unha súpeta interrución da civilización encolíteca, sustituida por outra asolutamente nova, na que aparecen os enterramentos en sarcófagos individuás; sinos com’o phalius y-o altar bicornuto, coincidindo cos cultos galos asegún conta César; as alabardas e máis as espadas d’embudo e d’antenas, com’en Irlanda, Escocia, Scandinavia y-Alemaña, y-unha cerámica negra e lisa igual qu’a da Europa Central, a de Bohemia especialmentes (1).

nos-celtas-mapa-001
Adolfo Schulten, na sua obra xa citada, toma en conta o testemoio de Herodoto, e trai outros de Hecateo de Mileto, Ephoro, Timeo y-Aristóteles, que chaman coma Herodoto Kéltike á Penínsua, Schulten dá coma céltigas as poboaciós cempsi, saefes e berybraces, da fonte antiga d’Avieno (periplo de Himilcon) coincidindo n-esto c’o indicado por Garófalo respecto do Ora marítima. Pol-o tanto, na época de Herodoto e Himilcon, no século V, estaban xa os Celtas na Penínsua; Herodoto y-Avieno dannos o termo ante quem: ano 500, da chegada dos nósos abós; Hesiodo da o post quem: ano 700. Esto é concordante c’o que, asegún o sincronismo de Tito Livio, parte dos Celtas invadiu a Provenza na época da fundación de Marsella (ano 600 en. X.C.) E coma deberon levar tempo en s’adonar de toda a Meseta, eles deberon chegar moito antes da fonte d’Avieno e de Herodoto, o que ven a ser en númaros redondos pol-o ano 600 (1). Xa deixamos indicado com’as concrusiós de Schulten son confirmadas pol-os achádegos arqueolóxicos.

Outra custión que s’apresenta é a da orixe dos Celtas peninsuares, e máis o camiño que trouxeron. Schulten dí qu’os nóso Celtas eran unha rama antiga da familia galo-celta, deferente dos galos que botaron ós iberos do S. de Francia no ano 400 en. X.C. No S. W. da Galia hai civilización de Hallstatt, traguida pol-os Celtas, e correspondente ós séculos VII e VI; y-ó S.E. haina de La téne, dos Galos dos séculos V e IV, que falla por compreto no S. W., o nome de Celtas sendo ademáis máis antigo qu’o de Galos. D’Arbois de Jubainville dí qu’os Celtas da Penínsua eran da rama galo-bretona, e que viñeron das Illas Británicas. Qu’eran d’unha das ramas máis antigas da familia céltiga, parece confirmalo a denominación de Celti ou Celtici que costantementes ll’aprican os autores antigos. Cecais n-esto se funda Murguía pr’indicar qu’os nósos abós pertencían á rama Kymrica (1).

Tocantes ó camiño que trouxeron, o P. Fits, comentando a d’Arbois de Jubainville, dí qu’os Celtas viñeron da Galia pol-o Pirineu, deron nome ó río Gállego, que vai ó Ebro, e máis o Gallo que vai ó Taxo. Ocuparon a Celtiberia, coma dí Lucano; dend’o Guadarrama, onde fundaron a Segovia (Segóbrida), dividíronse en duas ramas; ó N. Galegos, antr’o Douro y-o Cantábrico; ó S. Refurios por achárense perto do Betis (1). Mais d’Arbois sostén que viñeron das illas Británicas pol-o mar, e igual pensar Hirt e máis Philippon, que supoñen grupos y-en data sucesivas (2). Schulten, en troques, dí que non puderon ir máis que pol-o Pirineu, sendo o seu camiño ó longo do Atlántico ó W. da meseta francesa, tendo andado errantes por aquela costa. O camiño supón que foi por Roncesvalles, logo por Pancorbo e Suessatium, logo a Deobriga, val do Pisuerga e Douro abaixo hastr’ó mar. As poboaciós ligures habitadoras d’estas rexiós, foron rempuxadas car’á costa cantábrica ond’a poboación seguiu sendo ligur (vascones, cántabros, astures) (3) e máis car’ó S. W.

Das vicisitudes dos Celtas na Penínsua, fai Schulten unha hipótese que vai sendo confirmada pol-a concordancia dos datos da Arqueoloxía co’a enterpretación dos testos antigos, coma fai notar Bosch Gimpera en diversos traballos, ond’a resume con moita arte (4).

nos-celtas-mapa-02
Siñala Schulten as fronteiras da ocupación céltiga na Penínsua do xeito seguinte: a do val do Ebro vai indicada por Angustóbriga; a de Levante por Nertógriga, Arcóbriga (val do Xalon), comentando a d’Arbois de Jubainville, dí qu’os Contrevia (val do Xiloca) e Segóbriga (chao litoral); a d’Andalucía en Serra Morena por Miróbriga, Nertóbriga y-Areóbriga. N-as serras asturianas e cantábricas non hai nomes celtas.

No mapa núm. 1, os países ocupados no século VI pol-a nósa raza son os que quedan á man esquerda, ou sexa ó W. da liña de cruces. O Leste, están os ocupados por xentes íberas e ligures.

Vén a deducir Schulten que os Celtas tiveron que loitar c’os Iberos por duas veces, en épocas difrentes, e cecais pasando no medio moitos anos; primeiro botáronos de Cataluña e do val do Ebro, e logo, espulsádol-os Iberos do S. de Francia pol-os Galos, invadiron a meseta ocupada pol-os Celtas.

Efectivamente, com’afirma Bosch Gimpera, os outores antigos, hastr’o século III enantes de Xesucristo, falan no Centro y-Oucidente da Penínsua, dos Saefes, Cempsi e Berybraces, pobos celtas; os Cynetes, ligures ó S. de Portugal, y-as difrentes tribus ibéricas na Andalucía e costa oriental da Penínsua, dend’o río Anas hastr’Ampurias. Dend’elí, estaban os Ligures misturados c’os Iberos. Logo dend’a segunda mitade do século III Eratóstenes, Timeo y-outros dícennos que na Meseta viven as mesmas tribus ibéricas que logo coñeceron os Romanos nas suas guerras, o qu’indica un cámbeo na poboación do interior. Iste cámbeo foi o qu’indica Schulten.

Despois da espulsión dos Iberos do S. da Francia pol-os Galos –que foi o derradeiro gran movemento dos Celtas, que chegan (coma deixamos dito nos capítulos anteriores) no século III ás portas de Roma, y-hastra a Asia Menor –os Iberos dotados d’aló, principian a entrar no Centro da Penínsua. Dend’o val do Ebro avanzan os Iberos e van ocupando a Meseta, arrempuxando ós Celtas car’os currunchos montañosos do N. W. e S. W. e das serras do interior. Entón é cando os testos dan xa os nomes das tribus ibéricas da época romana: Carpetanos, Oretanos, Veltones, Vacceos, Celtíberos. Somentes nos sitios estremos fican restos dos Celtas: na Galizia, Celtici e Callaici ou Gallaici; no Algarbe, Celtici; ó N. E. e S. E. da Meseta, Berones e Germani. Algunhos restos céltigos deberon ficar tamén en Castela, misturados c’os Iberos nas tribus dos Celtíberos. Istes non son coma supuñan un pobo ibérico domeñado pol-os Celtas, senon ó contrario. A Meseta toda y-hastra o Centro do qu’é hoxe Portugal romataron por seren iberizadas de todo. Esí, é no século II cand’os autores principian a falar d’unha Iberia pois enantes, a Penínsua chamábase Kéltike, dos Celtas.

O mapa núm. 2 representa o estado étnico da Penínsua a medios do século III. En comparanza c’o anterior, amóstranos os movementos da nósa Raza na Iberia, a que por tres séculos o menos formou parte do grande imperio céltigo.

Vicente Risco.
Galizia céltiga.
Nós. 05 San Xoan 24 Xuño, 1921.

Advertisements
Etiquetado con: , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: