Vigo: a cibdade

Ademiramos todos, com’unha obra filla do esforzo e máis do antusiasmo, reveladores de fértiles enerxías, o progreso rápido da cibdade viguesa. En todolos aspectos da vitalidade d’un pobo, no qu’imprica forza actuante e forza en potencia, Vigo háchase en condicións envexabres. Como mercado d’industria e comereiro, é, por dereito propio, –adequerido por asimilazón un pouco ficticia, máis frutuosa n-iste caso, d’hábitos estranxeirizos– o pirmeiro na Galizia. Dendes d’a industria conserveira hastra as máis cativas manifestacións da concurrenza do traballo, todo en Vigo da asensación d’un rexurdimento vital, de cibdade qu’avanza confiada na decisión da sua vontada e na eficacia das suas propias enerxías. Eís as súas rúas nóvas, as suas construcións modernas suntuosas, as suas espréndidas vías qu’alongan cada vez máis a cibdade, invadindo os limiares y-a gándara; a sua rede de tranvías urbáns en aumento costante, os seus medios locomotrices de comunicación cos pobos veciñeiros, os seus proyentos, finalmentes, de grande importanza, entr’os que figura o de roubar ó mare un bo anaco pra ensanche da cibdade. Trátase d’unha empresa formidabre, quizais pantástica á pirmeira óllada, como xenerada ó fin no celebre d’un artista xenial; mais cuia realización non sería imposibre pr’a tenacidade y-o tesón dos vigueses.

N-iste senso non hai máis que lle pedir a Vigo; non é hoxe tan soilo unha espranza, a cibdade do porvir, a urbe futura atlántica, onde axuntarase o dualismo de forzas, a espritual e a material, qu’actúa nas sociedás e simultanéase nos pobos pra imprimire carácter e robustecere a persoalidade colectiva; é unha realidade en marcha, en marcha ascendente, enxendrada por un espertamento integral d’actividades, empuxada por un fervore de vitalidade qu’acugula en todo o orgaísmo cibdadán. Vigo chegará a ser, no orde material, todo qu’as chamadas forzas vivas propóñanse, e se non propodrán acometeren o imposibre ou o ausurdo, porque d’elas é o senso práctico.

Mais, abonda co isto pra facere unha gran cibdade? A intensidade nos negocios, a magnificenza na pedra, a fastuosidade nos edificios, ¿abondan pra crearen a cibdade, a ‘civitas’, o núcreo centralizadore da persoalidade e da cultura, selladas por unha arela interiore, pol-os desacougos da vida espritual? Porque antr’os máis sinceiros ademiradores da puxanza progresiva de Vigo hai unha vintena d’homes qu’ó internarnos na súa vida espritual, sentimos, con sensazón da estraneza, o frío da desilusión. Hai na cibdade da Oliva unha desigualdade moito ostensibre entr’a sua febre mercantil, entr’a sua grandeza material, doada pra nóvas ampriacións pol-a concentrazón do esforzo n-iste úneco aspecto, e o reducido e precario do seu desprazamento espritual. A preponderanza do ‘bussines is bussines’, furtando a atenzón vixiante ós outos intreses da cultura, non é un feito que poida pasare inadevertido ós que concebimos a ‘civitas’ ó xeito de Fustel de Coulanges, com’unha suprema entidade orgánica, com’unha converxenza ou calladura dos valores esprituás dos pobos.

O prurito d’asimilación do esótico sin un cultivo atento da propia persoalidade espritual, acusa, pol-o menos, unha desorientación, tanto máis lamentabre n-un pobo que sinte, ó mesmo qtempo qu’a emoción do benestar, a outa cobiza de grandes conquistas mariaes; outa porqu’aséntase na virtualidade do esforzo propio.

Un pobo pode s’asimilare do estranxeiro aquelo que resúltelle porveitoso, mais sin perda das súas íntimas peculiaridades e do seu xenio autóctono. Pode aspirare ó cosmopolitismo sin perdere as súas características esenciaes. O cosmopolitismo non impide a afirmación dos valores psicolóxicos propios, como o privativo non escruye o esótico. París, cibdade cosmopolita por escelenza, centro d’atracción pra medio mundo, onde o hoyante turismo hispano-americano tén a súa Meca predilecta, será de cote unha cibdade francesa, con perxento e alma franceses, y-endenantes que perder nada do seu carácter específico pol-a infruenza d’elementos étnicos estranos, istos serán absorbidos por aquél.

E sinda iste mimetismo qu’ousérvase no Vigo non se pode inernire entr’as valorizacións culturás, e pol-o tanto d’esprito e de carácter; non afecta ó esencial, non remove o esprito y-a concencia n-un senso directriz ou normativo. A unha veira o remedo de sistemas e procedimentos no que toca á vida mercantil –plaxio moito prausibre, porque supón un adianto nos costumes rutineiros dos nósos homes de negocios– non acerto a comprendere que sexa unha adequisición d’importanza, nin útil nin bela, o feito d’andar apresa pol-as ruas, un pouco teso o corpo e o ar un si é non é británico, movendo os brazos como dous péndulos laterses, o continente ergueito, o traxe á ingresa e sin abrigo un día de xiada, como signo de forteza saxona. Nin o comprendo nin sei que relazón poderá tere esa ousesión imitativa co progreso vigués.

Isto, superficialmente, parece non ter importancia. E ten-a. Porqu’isas lilainas postizas non son un valor. Un pobo próspero e rico sin persoalidade, sin valores culturás, desentendido da vida ideial, é com’unha muller fermosa, mais… sin corazón. Eso é o que percisa Vigo; creare a súa persoalidade como poboazón galega, forxar a súa vida espritual. Como a Cruña, por exempro, necesita algo d’aquela actividade e d’aquela disposición vountaria pra o mundo dos negocios. E os qu’ademiramos Vigo e n-il óllamos a gran cibdade do porvir, a gran urbe da futura civilización atlántica, quixéramos óllare tamén, á veira do seu frorecemento económico, o frorecemento do seu esprito e o callamento da sua cultura.

Roberto Blanco Torres. Nós. 05 San Xoan 24 Xuño, 1921.

Advertisements
Etiquetado con: , , ,
Publicado en Nós, Roberto Blanco Torres

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: