A civilización dos antigos Celtas

A sociedade céltiga

Pra nos aforrármol-as citas n-iste curto resume qu’imos faguer, diremos d’unha vez que nos temos servido dos capítulos III, IV, V e VI do Manuel Celtique de Dottin, e máis de traballos de S. Reinach (Orpheus, Culter, mythes et religion), Bertrand (Les Druides et le Druidisme), Fustel de Coulanges e d’Arbois de Jubainville.

Fustel de Coulanges dona unha idea de conxunto da sociedade gala, n-estas verbas, ‘moitos peisanos e pouca clás urbana; moitos homes xunguidos ó chao, e poucos donos d’il; moitos servos e poucos amos; unha plebe co’a que se non conta, druedas moi venerados, unha aristocracia guerreira moi podente.’ S’a todol-os paises céltigos se pod’apricar esto, é cousa que se non pode decir con seguranza.

Os Celtas, igual na Galia Cisalpina que na Trasalpina, na Bretaña insuar que na Hibernia, formaban unha chea de pequenos Estados (antigas tribus); a miudo faguéndos’a guerra os ús ós outros. Istes Estados eran reinos ou repúbricas, tiñan un senado de nobres e maxistrados pra se gobernaren, e nos casos graves, decidía a moitidume axuntada en asambreia. Porén, os pobos céltigos sentían a concencia da sua unidá de Raza y-achábanse prontos a s’axuntar en contra do nemigo común. Formaban entón confederaciós temporás ou permanentes, que pra dirixilos na guerra desiñaban un xefe que ás veces obtiña a dinidá real. Talmentes socedeu con Vercingétorix na Galia, e cecais con Viriato na Lusitania.

A clás guerreira (principes, equites) era, c’os druidas, dona de toda a riqueza e de todl-as dinidades. Cada nobre tiña unha numerosa familia composta de clientes, ambacli y-escravos. Os clientes eran os seus compañeiros d’armas qu’o servían na guerra; os ambaclí seica eram com’escravos que cobraban soldada, y-os escravos que cobraban soldada, y-os escravos eran probabelmentes prisoeiros de guerra. Había pois, na plebe homes libres (chamados en Irlanda soer-chili) y-outros que non-o eran (chamados en Irlanda doer-chili).

D’Arbois de Jubainville sostén que non esistía antr’os Galos a propiedade individual da terra; as fertunas consistían en gando y-en ouro. Fustel de Coulanges opón a esto un tésto de César onde se fala d’un pleito por partixas. Mais o tésto parés que se refire a unha custión antre pobos… En Irlanda, a terra era en principio da tribu; unha parte era pr’ó Rei, que podía repartila antr’os seus oficiais y-o resto ocupábano os homes da tribu en común ou indívidualmentes en precario. De todol-os xeitos, na Galia os Estados tiñan grandes propiedades territoriais.

En ningún pais céltigo había grandes centros de poboación. Os Celtas vivían espallados pol-a campía en aldeiñas pequenas, qu’os romanos chamaron vici y-hastra en casas isoladas, que César chama vidificia. Na Bretaña insuar, qu’estaba moi poboada, os vici e mailos vidificia eran moitísemos; mais nin elí nin en ningures, houbo verdadeiras vilas enantes da conquista romana.

En tempo de guerra, os Galos acollíanse en sitios fortificados chamados oppida (os nósos castros) sorte de campos atrincheirados, defendidos por un foso qu’arrodeaba un cerco de terra, ou ben unha muralla de grandes pedras. Elí costruían cabanas provisionais pra iles e máis pr’ó gando. Había algús d’istes oppida –chamados dun en Irlanda– que tiñan ademáis habitadores permanentes.

Vida material

Os Celtas vivían en casas, o máis común de madeira ou de canas, ás veces recubertas de barro, de figura redonda, c’unha soia porta e con teito cónico coberto de colmo.

Sentábanse e durmían en leitos d’herba e xantaban en mesas baixas. Usaban vasos de barro, de cobre e de prata. Comían moita vitela e pouco pan; guisaban con grasa de porco e tomaban moito leite e queixo. Bebían unha cerveza feita con trigo e tamén hidromel, mais levaban viño d’Italia, y-os ricos era o que bebían.

Os vestidos eran unha túneca curta, con mangas, suxetada c’un cinto de coiro adornado con chapas e febillas; as bragas ou pantalós longos suxetos ós cadrís y-un mantelo chamado sagum, predido no hombreiro c’unha fíbula, y-ás veces púñanlle no hombreiro c’unha fíbula, y-ás veces púñánlle unha capucha chamada cucullas. N-os pés levaban sandalias especiais, chamadas gallicae, atadas con cordós ou correas. As mulleres levaban túneca longa e mantelo suxeto c’unha fíbula. Os vestidos facíanse con telas de moitos coores, e levaban bordados, ás veces d’ouro e prata; había tecidos de rayas, que chamaron moito a atención dos romanos. Plinio di que foron os galos os inventores dos tecidos a cadros, hoxe tan características dos Escoceses.

Eran os Celtas moi amantes das campas e dos adornos, y-andaban cheos d’anelos d’ouro e de prata nos dedos, nos brazos e no pescozo (torques) ás veces de moito peso, coma se vé nos da citada colección do Sr. Blanco Ciceron, de Santiago. Tamén levaban colares de doas de vidro e máis d’ámbare.

Homes e mulleres levaban os cabelos longos, y-os homes poucas veces se deixaban a barba; o máis común, o bigote solo. Perfumábanse c’o ‘nardo galo’, sacado da Valeriana céltica. Os Bretós levaban tamén tatuaxes e pintaban o corpo d’azul.

Os Celtas eran bos labregos. Collían trigo, verduras, mazás, plantas testis. Moitas medidas agrarias dos romanos son d’orixe celta: o candetum (cadrado de cen codos ou cento cincoenta pés romanos de lado), o arepennis, (de 120 pés de longo e 110 d’ancho), a lenga (legua).

Tiñan moito gando: bois e vacas, ovellas, porcos sobre todo, e mandaban pra Italia xamós salgados que tiñan moita sona. Tamén faguían moi bó queixo, y-os de veiramar salgaban peixe, que mandaban tamén pra Italia.

As industrias máis adiantadas dos Celtas eran a metalurxia, e máis a frabicación de vidros y-esmaltes. O comercio d’esportaciós ós paises mediterráneos era principalmentes de peixe salgado, xamós, queixo e lá. D’Italia traguían viño. Os paises céltigos comerciaban moito os us c’os outros por mar, ó longo das costas da Galia y-a Bretaña y-o Norte y-Oeste da Peinsua Ibérica. Tamén comerciban c’os paises nórdicos.

Cultura

Os autores antigos nunca deixan de recoñecel-as boas disposiciós dos Celtas pr’ós estudos y-en xeneral, téñenos por xente intelixente. Caton e máis Agricola din qu’eran moi dispostos pr’á elocuencia e que se lles daba moi bén o falar con elegancia.

Parés que’os nobres recibían unha educación regular por mau dos druidas. Mais, a clás intelectual nos pobos céltigos constituíana os Bardos, os Druidas y-os Ovatos.

Os Bardos eran os poetas que cantaban iles mesmos as suas propias composiciós, acompañandose c’unha sorte de harpa, chamada na Britania, chrotta. N-esas composiciós cantaban os grandes feitos dos homes ilustres, as tradiciós nacionás, loubaban ou aldraxaban ós seus contemporáneos. Os bardos vivían na corte dos príncipes e dos grandes, y-eran moi respeitados.

Non coñecémol-os poemas bárdicos da Antiguidade. Os poemas bárdicos que chegaron a nós sufriron novas redacciós na Edade Médea, baixo da influenza das ideias cristianas. Eles conteñen, porén, ben elementos antigos. En Irlanda hai os Anales, compostos no século XI da E.C., y-a epopeia irlandesa comprende tres ciclos; o que conta tódal-as invasiós d’Irlanda ((Leolar Gabala); o que conta as aventuras do héroe Cuchulainn (Tain Bó Cualnge) y-a leenda Fin e d’Oisin. No País de Gales hai as crónicas traducidas por Geoffroi de Montmouth no século XII, os Mabinogion ou novelas de cabaleiría, y-as odas, que son dos séculos XI e XII. Os Bretos continentais non teñen máis que literatura cristiana moi moderna.

O se ter redautado tan tarde istes poemas e leendas, non quer dicir qu’enantes non eisistisen, máis conservábanse por tradición oral. Tocantes á escritura dos antigos Celtas, sábese pouco. Os antigos din qu’os Druigas empregaban as letras gregas; as iscriciós galas están en caracteres nordetruscos, gregos ou latinos. Mais nas Illas Británicas, a escritura oghámica, feita con puntos e rayas, atribúyese ós Celtas, y-esta escritura ben poidera ser derivada da de como se desprende dos traballos de Mr. Rivett Carnae e do P. Fita. Tamén se lles atribuye a escritura rúnica empregada logo pol-os xermanos.

Os Druidas eran unha caste adicada á meditación y-ó estudo dos segredos da natureza da fonda sabencia dos que, falan con respeito os autores antigos, poñendoos en camparanza cos Brahmans da India, cos Magos de Caldea, cos Gimnosofistas do Exipto e cos demáis caster de sacerdores iniciadas. Respeitábanos moito os Celtas; non iban á guerra nin pagan impostos; faguían de xueces, interviñan nas funciós de goberno e nas cerimonias relixosas.

Os Druidas ensiñaban a imortalidá da y-alma, a trasmigración, a astronomía, as leis da natureza, a fisioloxía, a teoloxía y-a moral. Practicaban a adeviñaciós pol-os números, pol-os astros, pol-a hepatoscopia y os auspicios: practicaban tamén a meiciña y-os feitizos. Educaban á mocedade e dáballe unha istrución oral qu’lles tiñan que coller de memoria, e que, compreta, duraba vinte anos.

Coma tiñan un gran instinto d’imitanza, os Celtas soutaron bén a civilización romana, e déronse con proveito ó estudo das letras latinas, ás que chegaron a dar mestres da talla de Virxilio, Trogo Pompeyo, Petronio y-outros autores de sona. Mais a influencia gala nótase nos autores latinos da decadencia, coma a influencia ibérica nos da chamada Edá de Prata. Virxilio, porén é da Edá d’outro, e se ben se mira é ben celta; esí s’esprica a prederencia que tiveron por íl os letrados medioevais.

Relixión

Os autores antigos e máis as fontes epigráficas fanos a coñecer un sin fin de nomes de divinidades céltigas, a maoría das que deben ser divinidades locaes, formas antropomorfizadas dos antigos totems dos clans céltigos. Salomón Reinach comprobou nos cultos celtas unha chea de sobrevivencias totémicas. D’Arbois de Jubainville dedicou un traballo ós deuses galos en form d’animás. Coñecemol-os totems dos principaes pobos céltigos; os Galos tiñan com’enseña guerreira un porco bravo; os Kimris, un dragón. Outros animaes sagrados eran o corbo, a cobra, o galo, a águia…

Pol-o demáis, os autores antigos, pol-o afán d’identificar ós deuses dos outros pobos cos seus propios, armaron unha confusión tan grande, que caxeque nada se pode enxergar nos seus testos sobre da relixión dos antigos Celtas. Somentes nos dan os nomes céltigos d’algús deuses como Taranís, Teutates, Hésus, Oymios e Andale.

Pódese siñalar nos Celtas a tendencia d’axuntar ós deuses por triadas; o emprego de certos sinos simbólicos coma a svastika, a roda, o S ó rivés y-o machado.

Os celtas nin tiveron tempos nin estátuas antes da época romana. As cerimonias faguíanse en lugares sabrados (nemeto). Veneraban ás pedras, ás fontes, ós arbres. O seu arbre sagrado era a enciña, e tiñan bosques d’enciñas qu’eran sagrados. Ofercían ós deuses libaciós e sacrificios, ás veces, sacrificios humans; recitaban oraciós e celebraban danzas rituaes. Eran moi xeitosos pr’adiviñal-o porvir nas entrañas das vítimas, non sonos, nos agorios, no voo dos paxaros, especialmentes as águias y-os corvos; tamén interrogaban ás almas dos mortos.

Creían os Celtas na inmortalidá da y-alma, hastr’o punto de s’emprestar diñeiro pra volvelo no outro mundo, e de se suicidar por causas relixiosas. Esta ideia viñéralles sen dúbida, dos Druidas, os que profesaban unhas doutrinas filosóficas e relixiosas moi superiores ás do vulgo, c’unha teogonía y-unha cosmogonía das que, os autores antigos non tiveron máis que moi vagas noticias, xa que probabelmentes iles non-as comunicaban ó común das xentes, e, no caso, menos o farían ós extranxeiros.

Caraute moral dos Celtas

Os Celtas eran moi relixosos, valentes e bós guerreiros, xustos e xeneroses. Eran moi acolledores e moi osequiosos c’os forasteiros; disputaban a quen levase á casa un estranxeiro, e miraban com’amigos dos deuses ós que’andaban en compaña co’iles.

Eran amigos de botar por ela, soberbios e provocadores. Batíanse por calquer ofensa. Eran tamén amigos d’andar pol-a nóva, xusgaban as cousas por impresión y-arrepentíanse logo. Procedían por arrantadas, en a guerra descorazoábanse aixiña co’as derrotas. En troques, gustáballes portase heróicamente, non curaban as feridas que recibían, y-enantes que cair prisoeiros, matábanse.

Coma todol-os antigos, eran crueles na guerra, e tiñan o costume de conservalas cabezas dos nemigos mortos. Combatían a pé a cabalo y-en carros de guerra, e levaban ás veces á guerra ás mulleres.

As mulleres eran moi respeitadas, e moitas veces tomábanas coma árbitros nas custiós graves. As mulleres reinaban e desempeñaban as maxistraturas.

Tal é o que nos dí sobre dos antigos Celtas o estudo das fontes clásicas en comparanza cos datos da arqueoloxía céltiga. Os autores ós que seguimos fan demasiado pouco caso das fontes céltigas e mais dos traballos dos investigadores da primeira escola celtista, dos que ainda quedan moitos, por fortuna. Curándonos en slú, nós temos utilizados principalmentes, autores que non deixaremos de calificare coma hipercrítecos. Quixémonos mantes nos límites da meirande prudencia estórica.

Vicente Risco.
Galizia céltiga.
Nós. 05 San Xoan 24 Xuño, 1921.

Advertisements
Etiquetado con: , , , , , , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: