Nacionalismo e democracia

Tres son os grandes probremas da Humanidade culta: o nacional, o democrático, e o social.

O probrema social, que busca a solución ós conflitos do Mundo do Traballo. O democrático pol-o que buscan os pobos formas de Goberno axeitadas á sua cultura. E o nacional, que é o direito de cada pobo a rexir libremente os seus destinos. O redor d’istos probremas xira toda a Civilización da Humanidade.

O traballo humán creou un Mundo Industrial, universalizou a Economía. Patronos e obreiros xuntáronse en agripaciós internacionaes. Aspiración suprema é internacionalizar tamén as fontes da produción; no derradeiro Congreso Internacional do Traballo, celebrado en Wasington o ano pasado, os repersentates italianos propuñeron, con razón sobrada, so meter a un réximen internacional a distribución das materias primas, pois mentras haxa Estados que monopolicen, por eixempro, o ferro ou o carbón ou o petróleo, haberá naciós dominadoras e naciós escravas, porque a independenza nacional require independenza económica. Por outra parte, os obreiros danse conta de que xa non poden realizar os seus ideaes, sinon dende o Poder, asaltándoo revolucionariamente noma na Rusia, como pretenden en Alemania ou na Italia, ou evolutivamente como na Inglaterra e na Francia.

Pero isa Sociedade mundial do Traballo percisa o seu equivalente político: un Mundo-Estado, que xa poide formarse pol-a xuntanza de coleitividades de individuos, sinon pol-a cooperación dos Estados. D’eiquí a ideia wilsoniana da ‘Liga das Naciós’. E xa estamos no segundo probrema anunciado: é dicir, que para a solución do probrema social percísase denantes a solución do probrema político, que é o probrema da Democracia.

En efecto: pra chegar á Unidade Internacional percísase que os Estados repersentados teñan Gobernos democráticos. ¿Para que é isa Unidade sinon para resolvel-os conflitos internacionaes? Os conflitos internacionaes, até d’agora, resolvíanse casi sempre pol-a Forza; a vida internacional fundábase na teoría da incompatibilidade dos Estados; por iso a concepción internacional do Estado era un Estado-Poder; por iso na solución dos conflitos internacionaes praiticábase a doutrina espresada n-aquela frase de Filbert Murray: ‘as miñorías derrotadas teñen que acostumarse a deixar o camiño expedito, a ‘Liga de Naciós’ para elas somente implicaría un retroceso. E si a ‘Liga de Naciós’ sentencia un pleito a favor d’unha pequena Potencia, ¿quén executaría ise fallo?, non os grandes Estados, non poderían, porque d’auqela desaparecería o seu Poder, é dicir, que para eisistir unha ‘Liga de Naciós’ percísase qu’o Estado-Poder sexa sustituido pol-o Estado-Razón, que represente no Tribunal Internacional un principio de Xusticia e de Libertade; e iste Estado-Razón somentes poide atoparse nos Estados-naturaes, é dicir, nas Nacionalidades, porque, coma dí moi ben un sociólogo inglés (Arthur Geenwood, en ‘Guerra e Democracia’), namentras haxa en Europa pobos rexidos por Gobernos estranos, impedidos po uso da sua lingua, na porpaganda da sua literatura e das suas ideias, nas suas reiaciós sociás, na sua vida corporativa, no que nosoutros, na Gran Bretaña, entendemos por libertade civil ou Democracia, haberá pobos que se bulren da ideia da Paz, e desexarán a guerra, non coma instrumento de bárbaras edades, sinon coma medio de conquerir a independenza nacional e a espresión da sua personalidade.

Por iso para o trunfo do ideial democrático tén antes que ser resolto o problema nacional, que poñía ao comenzo, porque é o pirmeiro que ten que se resolver para o trunfo dos principios civilizadores.

A Democracia non coesiste en determinada forma de Goberno, nin sai trunfante das furnas eleitorás; a Democracia é un ambente, un espritu, e consiste na confianza dos Gobernos non instintos morales do pobo. Somentes un Goberno farantizado por un instinto moral colectivo poderá chamarse Goberno democrático; e ise endexamáis poderá eisistir sinon nas Nacionalidades naturaes, nas que seguirá habendo probremas económicos, probremas colectivos, pero non haberá xa probremas de libertade nin probremas de irredentismos. Por iso póidese dicir fundadamente que o século XVIII (Revolución france) foi o das libertades individuaes: o século XIX (Paz de Westfalia, réximen costitucional) foi o das libertade políticas, e o século XX será o das libertades nacionaes.

Xa Mazzini, o verdadeiro inspirador e creador da unidade italiana, a y-alma máis profética do século pasado, ó pedir libertade para a sua Patria dicía que nada alcanzaría Europa con reformas políticas, sinon conquistaba as libertades nacionaes. ‘A idea social –tamén dicía– non poderá realizárese baixo forma algunha, namentras non se chegue á reorganización da Europa… loitan os pobos, loitan ainda pol-a sua terra e libertade, por unha verba esquirta n-unha bandeira, que proclama ao mundo qu’eles tamén viven, pensan, aman e traballan para todos, falan a mesma lingua, teñen o mesmo sangue, se axionllan diante das mesmas tumbas, glorifican a mesma tradición, reclaman asociarse libremente, sin dominación estranxeira, para elaborar a sua ideia, para axudar tamén coa sua pedra á gran pirámide da Historia… non se realizrá a ideia social sin que denantes os pobos ‘señan libres para interrogarse a sí mesmos, para espresar a sua vocación e mirar pol-os seus destinos’… (‘Europa, su condición y porvenir’, 1848).

A Humanidade no seu progreso camiña á formación de grandes orgaismos; mais non poide camiñar á formación de grandes simplicismos. Por iso fracasou a ‘Liga das Naciós’ que agora repersenta un ideial francés, pero non un ideial mundial; por iso fracasará tamén a Terceira Internacional, porque é outro simplicismo que non repersenta ás Democracias occidentaes. N-ises grandes futuros organismos trunfará o principio das Nacionalidades, porque ven a ser o mesmo principio da variedade na unidade, eterno principio civilizador; ven a ser o principio da distribución do traballo, eterno principio do progreso. E dicir, a Humanidade tende a se xuntar, mais non coa imposición d’unha modalidade-tipo, sinon pol-o concerto libre de todas elas. É dicir, que o principio nacional e o pirmeiro pirmeiro probrema da Humanidade contemporánea e será sempre o eterno principio da civilización e da paz internacional.

Agora ben, en todo probrema de nacionalidade, ademáis d’unha cobiza de libertade colectiva, hay que mirar –como dí moi ben Gabriel Alomar– o que ganará a civilización universal con ise movimento, porque non poide darse progreso sin relación con todol-os elementos da cultura; eisí –dí él– a China que inventou a pólvora, a imprenta, etc., quedou atrasada porque lle faltou isa relación coas demais culturas, e por iso non perfeicionou a sua. Por iso todo ideial nacionalista, mais que o sentir ancestral d’unha Tradición ou d’unha Historia, ten de ser un principio enxebremente renovado, trasformador y-evolucionista; quen lle queira dar un senso de conservadurismo nas tradiciós e nos costumes será un tradicionalista, pero non un nacionalista. Ten que ser un principio eminentemente cultural, estar en relación constante c’o progreso da Humanidade; si eisí non fora perdería a sua virtualidade civilizadora e sería perxudicial, porque todo sistema é vo como reaición contra unha tiranía, mais poider ser malo como adulteración d’unha libertade.

Por iso Galizia, si quer ter cabida do concerto dos pobos civilizados ten que aportar á cultura universal o seu esforzo por medio d’uha cultura nosa. Por medio d’unha cultura propia, porque nada vale que teñamos en Galizia homes cultos sinon temos unha cultura galega. Ises homes cultos cando non teñen unha cultura nacional considéranse desleigados do seu pobo, superiores ó seu pobo, e convírtense en elementos disociadores, namentras que os homes de cultura nacional considéranse como productos do ambente, ainda máis: a concencia d’ises homes cultos ven a ser a forma refleisiva da concencia popular, concentraciós do espritu da raza, acumuladores da vontade colitiva. Os pirmeiros non aportarán ningún valor nin á Terra nin ó progreso humán, somentes os segundos serán os creadores.

Nada valen homes cultos en Galizia sin unha cultura galega, porque isos son forzas individuás que poiden trunfar e imporse nos tempos normales; pero nada farán por Galizia en momentos supremos en que percisa axuda de todos, porque nos grandes acontecimientos dos pobos non son as forzas individuaes sinon a y-alma coleitiva, o espritu ancestral da raza que nos guía. Por iso, dí moi ben G. Le Bon, que a Historia dos pobos civilizados non é máis que a narración dos seus esforzos pra adiquirir unha y-alma permanente que a través dos tempos os saque da barbarie.

Nada valen homen cultos en Galizia sin unha cultura galega, porque o home non é escravo da sua raza, nin da sua língua, nin da relixión, nin do curso dos ríos, nin da orientación das suas montanas; pero en troques é un factor encravado drento d’un ambente, drento d’unha espritualidade, é dicir, drento d’unha cultura; é un factor que adiquiren unha natureza común cos seus conterráneos, pol-a comunidade de pensamentos e de sentimentos; e si lle falta isa comunidade, sinon sinte isa y-alma coleitiva, resultancia d’unha cultura propia, nada lle dirán nin os seus rios nin as suas montanas, non a sua lingua nin a sua Historia; será un estranxeiro en terra propia; será como aquel desterrado de Lamenais, que andaba errante sobor da terra, e un dia vía rapazas guapas coma un sol de Maio que brindaban o seu amor casto e puro a rapaces fortes coma buxos, outro día vía coma os nenos e os abós se xuntaban peito contra peito para axudarse a sair dos trollos do camiño, e outro día vía o fumegar das chimeneas entre as brétemas arrayoladas d’unha mañán d’Abril, ou ouvía na serán os cantos das labregas levando pr’á casa-mater as suas facendas; pero nin aquelas rapazas o miraban, nin aqueles cantos lle traguían ningún relembro, nin aquelas xentes entendían as suas penas; e cando na veira do camiño, canso de camiñar sin fin, desafogaba a sua tristura, nenos e vellos bulrábanse das suas bágoas. Eisí serán tamén aqueles homes que non esteñan solidarizados c’o pensamento e c’o sentimento da sua Terra; o seu esforzo agonizará na esterilidade tráxica do d’auqel desterrado, morto sin acougo en procuro d’unha Patria.

Por iso Galizia sinon creara unha cultura propia cultivando os seus valores, a nósa eisistencia, coma pobo, sinificaría un atraso na civilización da humanidade. A cultura –di Hohler, ‘Filosofía do Direito’– non é mais que o desenrolo das forzas que residen n-un pobo ou n-unha colectividade hacia una estructura armónica que corresponda ó destino da colectividade mesma; ou, coma dí outro autor, ‘a cultura é capacitar a un pobo para que seña inteleiutalmente aquelo que xa é por natureza’. Por iso os pobos que non saben arrincar da propia y-alma unha cultura propia, teñen que desaparecer como elementos civilizadores e como entidades históricas pra se convertir en colonias espirituás d’outros pobos que souperon crear a sua cultura, porque a grandeza da Historia consiste en que definitiva a avida a Humanidade non se produce con Naciós de vida patolóxica, sinon a pesar d’isas Naciós entermas ou desconcertadas. Por iso as nacionalidades sin cultura propia sempre serán absorbidas pol-as Nacionalidades maís cultas.

Nada conquerirá unha Nación con reformas políticas sinon responden a unha cidadanía vixiante, basada n-unha cultura nacional. Serán comenencias d’unha hora absorbidas pol-as comenencias d’outro istante. E voltarán os tempos vellos, con todol-os seus vicios, porque o real tende a se convertir en normal. Eisi, eu non quixera para Galizia unha autonomía imposta pol-as comenencias d’arriba, si denantes non conquerise unha unidade ideolóxica; crearíanse nóvos partidos políticos cos mesmos defectos dos partidos vellos. Os partidos políticos non son máis que órganos formativos de concencia política; e cando non hay cultura propia, isa concencia non eisiste, e os partidos, non podendo cumprir a sua finalidade, dexeneran en bandas asaltadoras do Poder. Por iso decía D. Segismundo Moret, ó estudial-o probrema catalán, que namentras en Cataluña os partidos monárquicos tiñan unha idealidade y-evolucionaban axeitados á concencia política d’aquel pobo, en Galizia os partidos pol-a incapacidade das xentes para elixir repersentación propia, perderon a idealidade, personalizáronse en caciques, dexenerando en tal forma que o pobo no nos distingue máis que coma duas tandas en mútua intelixencia para o disfrute artmónico das prerrogativas de goberno.

Unha autonomía política, imposta d’arriba, sin responder a necesidades d’unha cultura e d’unha victoria, non sería máis que unha delegación de funciós que xuntaría ós pobos por afinidades mecánicas, pero non por unha ideoloxía orgánica: e as leises non serían máis que unha forma de respeto para todal-as comenencias do Goberno Central, sin responder ó espritu do Direito da Nacionalidade autónoma, matando a finalidade máis outa do pobo, cuyo Direito debe ser un instrumento de trasformación, para convertil-o simplemente, n-unha forza contentiva e retardataria; e todal-as grandes crisis…

(falta unha páxina)…

Nós. 04 31 Xaneiro, 1921.

Advertisements
Etiquetado con: , , ,
Publicado en Nós

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: