Informaciós estóricas tocantes ós Celtas (Galizia céltiga)

Fontes

Dottin (1) trai unha lista dos autores gregos e romanos que se teñen ocupado dos Celtas. H. d’Arbois de Jubainville fixo un fondo estudo críteco d’ises testos no seu libro: Principaux auteurs d consulter por l’histoiré des Celtes, t.XII do seu Cours de litterature celtique, 1902. Fóra d’esto, hai os datos da arqueoloxía, da antropoloxía, da lingüísteca e do folk-lore.

Y-ainda queda a literatura céltica da Edá Media (Irlanda, Gales, Armórica) que se debe estudar aparte.
Nomes dos pobos céltigos

Os escritores antigos desiñan o conxunto das tribus céltigas cos nomes de Keitoi, Celtae, Galli, Galatal, Galatae. Drento d’istas denominaciós compréndense os pobos seguintes: Keltikoi, Celtici (Celtigos) en Galizia, Algarbe e Bética (Strabon III, 1, 6, 3, 5) –KEltibéres, Celtiberí, antr’as fontes do Anas e Betis (Diodoro, V: Strabon, III) — Gailo graeci, Ellenogalatai (Galates) na Asia Menor (Tito Livio, XXXVIII, 17 Strabon, II, 5, 31; Diodoro, V.) — Keltogalátai, Galli, Galli Transalpini, na Galia (Tito Livio XXXIX, 22; Polybio, II, 15; Strabon, IV, 6, 3. — Galli Cisalpini no N. d’Italia (Tito Livio, XXVII, 39.) — Belgae antr’o Rhin y-a Marne (Guerra das Galias, 1, 1.) — Britanni ou Brittones, na Gran Bretaña — Caledonii ou Caledones e Picti en Escocia. — Scotti en Escocia y-en Irlanda (2).

Xa dixemos tamén qu’o nome d’Hiperbóreos pudo moi ben desiñar ós primitivos Celtas.
Raza e lingoa

Os clásicos distinguen craramentes ós Celtas de todol-os outros pobos europeus, incluso dos Xermanos, c’os que din que tiñan moita semellanza (1). Pol-a lingua, pol-a semellanza cos Xermanos, pol-os costumes, pol-o tipo, vese ben qu’os Celtas eran indoeuropeus e pertencían á raza arya.

Os antropólogos distinguen dous grupos nos Celtas: un grupo braquicéfalo, de caste pequena e cabelos castaños, y-outro dolicocéfalo, d’outa estatura, pel branca e cabelo loito (2). Do tipo díseco dos antigos Celtas, podemos sabere pol-o que nos din os autores clásicos, pol-os osos das sepulturas céltigas e máis pol-as repersentaciós de Celtas nos moimentos antigos. Os estoriadores clásicos están d’acordo en qu’os Celtas eran mais altos qu’os soldados romanos, e menos qu’os Xermanos; qu’eran loitos ou roxos, brancos e moles (3). Dottin supon que xa n-aquil tempo había antr’eles variedá de tipos.

Os esqueletes galos pares que non son de moita talla (1,66 m. na Marne, 1,70 m. na Vindelizia). Os índices cefálicos están misturados, nas sepulturas de Galia e da Gran Bretaña (4). As repersentaciós dos Celtas nos moimentos figurados, foron estudadas principalmentes por Salomón Reinach (%), M. von BIenkowski (6), Dottin (7) e Dechelette (9). Antr’elas as máis reveladoras son: a estatua chamada o ‘Galo ferido’ do Museu do Capitolio (Roma) y-o grupo chamado ‘Arria e Pactus’, da villa Ludovisi, hoxe do Museu das Termas de roma, procedentes as duas, d’un moimento do rei Atalo I na acrópolis de Pérgamo, que perpetuaba a lembranza da sua vitoria sobr’os Galatas; un bronce do Museu de Berlin, que trai Dechelette, y-o sarcófago da viña Ammendola (Roma). N-elas vese o tipo Celta de fronte baixa, narís curto, papo marcado, queixada forte e grande, máis ancha qu’o pescozo, braquicéfalo, de membros fortes. Teñen os pómulos moi saintes, sobre todo a estatuiña de Berlín, y-as meixelas fundidas. A estatuiña de Berlín leva un torques ó percozo, y-o ‘Galo ferido’, leva torques e bigote solo, coa barba afeitada (9).

Na lingoa, hai que distinguir as lingoas célticas antigas y-as lingoas neo-céltigas da Edá Media e tempos modernos. As antigas perdéronse, sen deixar literatura. Os únecos documentos qu’hai d’elas son: 1.º As verbas céltigas conservadas pol-os autores gregos e romanos (1). –2.º AS inscriciós galas en alfabeto etrusco, grego e latino (2). —3.º As listas de nomes céltigos de lugares e de persoas (3). O céltigo continental antigo desaparecen. As língoas neocéltigas divídense en dous grupos: o gaélico que se fala en Irlanda y-escocia (irlandés y-erse) y-o bretón conservado no país de Gales e importado no śeculo VI da nósa Era na Bretaña armoricana (galés e bretón ou armoricano) (4). Son lingoas recoñecidamente indoeuropeias, caracterizadas pol-a caida do p e pol-as modificaciós que pode ter na frase a consoante inicial das verbas variables (5).
Orixe

De que parte viñeron os Celtas? Pasou o tempo en que se creía n-orixe asiática dos indoeuropeus. A hipótese de Pictet, no seu Origines inddoeurepeus, qu’os faguía vir da Asia Central, da meseta do Pamir ou do Turán, ou d’onde’o Hindukush, está rectuficada por compreto. Viuse qu’hai máis pobos aryas na Europa qu’en Asia, y-agás d’esto, condiciós especiais de clima que compren pr’a formación d’unha raza loira, efeito do linfatismo, din os antropólogos que se non dan nas estpas trascaspianas. Tiña que ser nun médeo húmedo, escuro, con brétema case constante. Por esto, por razós xeolóxicas y-estóricas, suponse hoxe que os indoeuropeus proceden das bandas do mar Báltico, d’unha terra hoxe solagada pol-as augas, a rexión chamada de Latham, en lembranza d’iste gran investigador dos orixes aryas (6). Os celtas son pol-o tanto de orixe europeia.

Dottin dí qu’a opinión comun d’antigos e modernos pon na Galia o primitivo estabrecemento dos Celtas, mais que contr’esto dícese qu’os nomes xeográficos da Galia, especialmentes os pertencentes á orografía e hidrografía, son poucos os que se poden entrepretar pol-o céltigo, proba de que non foron iles os primitivos habitadores. En troques, son moitos na Europa Central Jullian fai notar que os autores dos séculos VI ó IV enantes de Xesucristo parés que poñen ós Celtas na veira do mar do Norte. Timagenes recoll’unha tradición druídica qu, indica que houbo tribus céltigas que viñeron d’ultra-Rhin, e qu’o seu pais estaba solagado pol-o Océano. (Aludindo ó afundimento da Terra de Latham?) (1). Dechelette, d’acordo con d’Arbois de Jibainville, pon a Céltiga primitiva na Europa Central, na Alemaña oucidental (Países do Rhin, Maiu e outo Danubio) (2).
Emigraciós e conquistas dos Celtas

Dend’a sua terra pirmeira, os Celtas espalláronse na pirmeira e segunda Edá do Ferro por outras moitas terras. A principios do século II enantes de Xesucristo, ocupaban as Illas Británicas, a Peninsua Ibérica, Galia, Norte d’Italia, rexiós do Thin y-o Danubio dele’o Mar Negro, Tracia y-unha parte da Asia Menor. A Arqueoloxía pode hoxe demostrare qu’estas emigraciós céltigas, concurrindo co desenvolvemento das transacciós comereiás, espallaron por todl-as rexiós europeias domeñadas pol-os Celtas, unha cultura homoxénea: a civilización chamada de la Téne, naseida no século V nos países rhenanos, ou sexa no centro do primitivo país dos pobos céltigos (3).

A pirmeira invasión céltiga debeu ser nas Illas Británicas, según d’Arbois de Jubainville (4) pol-o ano 800 enantes da nósa Era. A data que sinifica estano na Iliada é verba céltica (5). A difrencia estr’as lingoas da rama gaélica y-as da rama bretona, fan supoñer duas invasiós céltigas nas Illas Británias con algús séculos de distancia: os Gaidels terían ocupado toda a Gran Bretaña e Irlanda cecais enantes do século IX, e pol-o ano 200, os Galo-Bretons, d0orixe belga sustituirían ós Goldels en todo o pais, quitando o Norte da Gran Bretaña e mais a Irlanda. Mrs. Read e Smith (6), resumen esí as invasiós céltigas no seu país: Pol-o ano 1000 en. X.C.: Invasión arya (Goldels?) que ven do Este e trai a cremación. –400-300 en. X.C. Brythons, qu’asentan no condado de York e S. da illa, vindo do N.E. da Francia. –Pol-o ano 200 en. X. C. Belgas (misturados con xermanos) trguendo de nóvo a cremación (1).

Dottín (2) di qu’a conquista do Norte y-Este da Galia pol-os Celtas, debeu ser antr0os anos 700 e 500, xa que no século VII somentes se fala elí de Ligures, e que por outra parte, a sumisión da Galia tivo que vir antes qu’a conquista da Hespaña, que, atendendo ós testos d’Avieno y-Herodoto, ponse no século v. E a mesma opinión de d’Arbois de Jubainville, Dechelette dique non se pode determiñar cano podeu ser, mais qui é anterior á época de Hallstatt. Tocantes á Hespaña, xa veremos coma Siret e Schulten entenden d’outro xeito os testos referidos.

Nos comenzos do século IV, os Celtas invadiron o Norte d’Italia, litando c’os Etruscos, ou Tirrenos, e conquerindo o gran chao do río Pó, ond’asentaron, y-aquil pais foi chamado Galia Cisalpina. No ano 390 apoderáronse de Roma, saqueárona, e fixeron pagar resgate ós cidadans refuxiados no Capitolio. Istes Celtas, según Dechelette (8) non viñan do Sur da Galia, senon do val do Danubio, pol-o camiño do Noricua, y-entraron na Italia pol-os Alpes Orientales.

Efectivamentes, as conquistas dos Celtas na Galia liguria meridional, tivo que se arredor do ano 500, pois o Pseudo-Seylax, a medio do século IV enantes de Xesucristo non siñala, antr’os Pirineos y-o Ródano, mais que Ligures e Iberos (4).

Por iste tempo, os Celtas invadiron a Vindelicia, e botaron os Ilirlos fóra do Noricum e mais da Pannonía (5). Dendes d’elí espalláronse car0ó Oriente, Danubio abaixo, hastra chegaren a Dacia y-á veira do Dniester, ond’a vila de Carrodunum fei o cabo derradeiro da sua espansión en Europa (6).

No século III en. X. C. bandas d’ises Celtas orientais descenderon pol-a Peninsua dos Balkans, romperon pol-a Tracia y-a Macedonia adiante, invadiron a Grecia, y-en 279 roubaron o famoso templo de Delfos. Na Tracia ficaron domeñando parte do país. Xa enantes tínanse metido nos asuntos d’aquelas naciós: en 336 aliáronse con Alexandre Magno contra dos Triballes da Tracia (7).

Pouco despois do saco de Delfos, unhas das bandas pasou o Ponto Euxino e invadiron a Asia Menor, onde fundaron en Frixia e Capadocia o reinio de Galacia, e loitaron cos reis de Pérgamo, Atalo I y-Eumenes (1).

Tito Livio di que, cando foi da pirmeira invasión céltiga na Italia, un exército celta rubiu ó Norte, car’á selva herciniana, debendos’atopar cos Xermanos. Dottin di que non se sabe s’os Celtas someteron ós Xermanos, pro que, moitos séculos mais adiante, atopábanse no centro d’Europa pobos céltigos, coma os Volcae Tectosagos, os Gatinie Boii de Bohemia (2).
O imperio céltigo

Tal foi a espansión dos pobos céltigos na Antigüidade, que colleu, como se vé, moita terra. Frente d’ela, íbase formando a potencia en algún tempo incontrastabel dos romanos.

Ora, non se sabe s’o imperio céltigo chegou a ter n-algún tempo unha unidade políteca imitante á dos seus rivais do Sul. Tito Livio (V, 84) relata a leenda seguinte:

No tempo de Tarquino o Vello (616-578 enantes X.C.), os Celtas ocupaban a terceira parte da Galia, e antr’eles eran os Biturigios os que domeñaban, sendo o seu rei Ambigatus, rei dos Celtas todos. Ambigatus era poderoso pol-a sua virtude, e pol-a prosperidade do seu pobo. Mais eran tantos os homes que tiña, que ll’era dificil gobernar a tantos. Enton quixo dar saída a tanto abondo de xente, e pra elo puxo ós seus sobriños, fillos d’unha irmá, Belloveso e Sigoveso, ó frente de duas espediciós, qu’irían onde indiearan os deuses. A Sigoveso tocoull’a selva Herciniana, ya Belloveso, Italia. Belloveso levou consigo Bituriges, Arvernos, Senones, Eduos, Ambarros, Carnutes y-Aulerces. Atravesaron os Alpes, y-apoderáronse da Galia Cisalpina, onde fundaron a Miolanum. Logo viñeron nóvas invasiós de Cenomanos, Salluvios, Boios e Lingunes, pobos céltigos, que non pasaron o Apenino car’o Sul, mais os Senones, últemos que chegaron, ises, si, e foron os qu’atacaron a Clasium y-a Roma…

Esto que conta Tito Livio, leva a supoñer s’o rei Ambigatus chegou a xuntar baixo do seu mandado todol-os países conqueridos pol-os Celtas, ou si pol-o menos, formouse órredor d’il unha leenda com’a de Calromagno… O que conta Tito Livio suón duas invasiós dos Celtas en Italia, unha no ano 600, outra no 390 (data esta derradeira ademetida por Dechelette pr’ó saco de Roma). Mais coma Tito Livio di ó falar do sitio de Clusium pol-os celtas en 390, qu’era a pirmeira vez qu’os Bárbaros entraban en Italia e s’atopaban cos Romanos, contradícese consigo mesmo, e mais cos datos de Polybio, qu’están apoyados por testos de Plinio, Diodoro Siculo y-Apiano. D’eiquí que Salomón Reinach dea coma inverosímile, o que dí Tito Livio sobre da espedición de Belloveso (1). Non coñecemos o traballo do insine investigador francés (a quen temos, non embargante por un verdadeiro hipercríteco), mais, si tiveramol-as fontes de que se valeu Tito Livio (que Dottin e Reinach supoñen fosen tres libros perdidos de Cornelio Nepote y-outra obra de Timagenes) cecais non os parecera tan inverosímile.

De todol-os xeitos, esta tradición (cecais d’orixe druídica) supón a concencia de Raza n-os Celtas, y-unha sorte d’unidade moral antr’os pobos que formaban o inmenso imperio d’esa raza groriosa.
Decadencia dos Celtas

O poder dos Celtas non foi duradeiro. Iles chegaron a domeñar toda a Europa Central y-Oucidental, a espantar á Italia, á Grecia y-á Asia. Mail-a potencia que se lles puxo de frente era rexa y-estaba fortementes orgaizada. Os Celtas eran, coma despoixas foron os Xermanos, unha potencia guerreira; non eran unha potencia militar. O avance metódico das lexós romanas foi facendo recuar ós Celtas, impoñéndolles provincia por provincia a sua domeñación.

Na Hespaña, os Celtíberos foron domeñados pol-os Cartaxineses entre 238 e 219. En 201, despois da segunda guerra púnica, á domeñación cartaxinesa, seguiu a Romana. Galizia, domeñana pol-o Cónsul Décimo Junio Bruto, en 133, logo por César, foino d’un xeito definitivo despois das guerras cántabras, na xornada do Medulio (2).

Na Galia Cisalpina, os Senones foron sometidos en 283; logo tocoulle ós Bolos y-os Insubres, y-en 131 os romanos eran donos de toda ela.

A Galacia, domeñada en 189 por Manlio Vulso, foi decrarada provincia romana vintecinco anos antes de Cristos. En 129 foi conquerida a Iliria.

Chamados pol-os gregos de Marsella, os romanos invadiron e conqueriron a Galia Narbonense no século II enantes de Xesucristo. Logo viñeron antr’os anos 58 e 50 as guerras das Galias, cos trunfos de Xulio Cesar, quen no ano 50 fixo rendir diante d’Alesia ó héroe galo Vercingetorix, xefe de todal-as tribus galas confederadas. Esí cairon a Galia Céltica y-a Bélxica.

Os romanos conqueriron o Nóricum no ano 16; no 15, a Thetia y-a Vindelicia; no 10, a Panonia.

César conquerira o Sur da Gran Bretaña no ano 55. Antr’os anos 78 e 85 despois de Cristo, na época do Emperador Domiciano, Agrícola.

Somentes Irlanda se salvou, gracias á sua posición xeográfica, e cesais a terse esgotado as minas d’ouro que tiña na Edá do Bronze (1), concluiú a conquista, chegando ás montañas d’Escocia.
Vicente Risco. Nós. 02 30 Decembro, 1920.

Advertisements
Etiquetado con: , , ,
Publicado en Galizia Cétiga, Nós, Vicente Risco

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: